A Xunta agradece en Burgos o labor das directivas dos Centros Galegos para manter viva a cultura, as tradicións e os vínculos con Galicia

  • A Xunta agradece en Burgos o labor das directivas dos Centros Galegos para manter viva a cultura, as tradicións e os vínculos con Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Burgos (Castela e Léon), 14 de xuño de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego en Burgos, onde mantivo un encontro co novo presidente da entidade, Daniel Rodríguez Domínguez, e co anterior responsable da institución, Ángel Ferreiro, co obxectivo de coñecer os proxectos e iniciativas que está a desenvolver a colectividade galega nesta cidade castelá.

Durante a visita, Miranda puxo en valor o traballo realizado polo Centro Galego en Burgos ao longo dos anos para manter viva a cultura, as tradicións e os vínculos con Galicia, destacando ademais a importancia da incorporación das novas xeracións á fronte destas entidades. O secretario xeral agradeceu tamén o labor desenvolvido pola anterior directiva e reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co fortalecemento do movemento asociativo galego no exterior como elemento clave para preservar a identidade galega e seguir facendo comunidade fóra da terra.

399 lecturas