A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantén encontros con representantes da emigración galega en Salvador de Bahía coincidindo coa feira de emprego impulsada polo Goberno galego nesta cidade e en São Paulo.
González reuniuse con membros do Galicia Esporte Clube e do Centro Recreativo União do Rio Tea e tamén o fará coa directiva do Club Español, destacando o apoio da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago na organización destes encontros.
Subliña a colaboración do Executivo autonómico co labor das entidades da colectividade galega no exterior e tamén o apoio ás persoas emigrantes galegas e descendentes que queren retornar a Galicia, reflectido na Estratexia Galicia Retorna.
Estas xuntanzas forman parte da aposta da Xunta pola colaboración para impulsar os lazos que unen Galicia e O Brasil, así como preservar a identidade galega entre as novas xeracións neste país, o segundo de América Latina con máis galegos.
A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil.
A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil.
A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil.
A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantén reunións en Salvador de Bahía con representantes do Galicia Esporte Clube, do Centro Recreativo União do Rio Tea e tamén se reunirá con membros do Club Español. Ademais, hoxe o conselleiro tamén manterá un encontro co cónsul xeral de España en Salvador de Bahía, Ignacio Pérez. Estas xuntanzas teñen lugar coincidindo coa nova edición das feiras de emprego no exterior, que este ano o Goberno galego impulsa en São Paulo e Salvador de Bahía.
No marco das reunións con membros das entidades da colectividade galega nesta cidade, José González puxo en valor a súa sólida traxectoria na difusión da cultura galega e do legado das persoas emigrantes galegas ao Brasil. Tamén definiu estes centros como puntos de encontro fundamentais para transmitir a idiosincrasia galega ás novas xeracións. Neste eido, aproveitou a ocasión para poñer de relevo o labor de difusión da cultura galega da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago, da que máis de 300 socios son galegos e que colabora co Goberno galego na organización destes encontros e no apoio aos galegos desta zona, grazas á súa oficina de atención social.
Neste sentido, salientou a débeda que ten Galicia coas persoas galegas que no seu día emigraron a países como o Brasil na procura dun proxecto de vida e que co seu traballo desde o exterior contribuíron ao progreso da comunidade galega. Conscientes deste esforzo, subliñou González, a Xunta colabora co labor das entidades da colectividade galega no exterior. Ademais, destacou o apoio a aqueles emigrantes galegos e descendentes que queiran retornar a Galicia a través da Estratexia Galicia Retorna, dotada con 450 M€ e de máis dun cento de medidas co obxectivo de facilitar o regreso de máis de 30.000 persoas.
Entidades participantes nas reunións.
En canto ás entidades obxecto das reunións co conselleiro, o Galicia Esporte Clube foi fundado en 1933 e é un dos máis coñecidos da emigración galega no Brasil representando un importante legado cultural e deportivo da emigración galega. Na actualidade conta con tres equipos de fútbol.
O Centro Recreativo União do Rio Tea naceu en 1974 da man de emigrantes de Ponteareas e Ponte Caldelas e é un referente sociocultural da galeguidade en Salvador de Bahía. Destaca polo seu compromiso coa preservación da cultura galega, por promover a confraternidade dos galegos residentes nesta zona e o mantemento dos vínculos culturais entre Galicia e O Brasil.
Pola súa banda, o Club Español de Salvador de Bahía, coñecido tamén como Centro Cultural e Recreativo Hispano-Galego, xurdiu en 1911 e é unha institución tradicional da comunidade española —entre a que destaca a galega— no nordeste do Brasil. Funciona como espazo sociocultural e deportivo ao promover actividades recreativas, celebracións tradicionais e encontros coa colectividade hispano-galega de Bahía.
Xuntanzas como as mantidas polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o secretario xeral da Emigración con estas entidades forman parte da aposta da Xunta pola colaboración para impulsar os lazos que unen Galicia e O Brasil, así como preservar a identidade galega entre as novas xeracións neste país, o segundo de América Latina con máis galegos.
Novas relacionadas



