Rueda enxalza o labor das comunidades galegas no exterior como as mellores embaixadoras do selo Galicia Calidade na diáspora

O presidente da Xunta participa no encontro coa colectividade de Zúrich-Galicia Calidade.

Felicita á asociación As Xeitosiñas polo seu 45 aniversario, destacando o compromiso da colectividade por manter viva a identidade galega a miles de quilómetros.

Lembra que o Goberno galego mantén os brazos abertos para quen desexe volver a través da Estratexia Galicia Retorna, con medidas destacadas como bolsas BEME.

O Goberno galego abrirá proximamente o programa ‘Reencontros con Galicia’ para os pensionistas galegos en Europa e a iniciativa ‘Aventúrate con Galicia’ para que mozos de entre 10 e 17 anos participen nos campamentos de verán da Xunta.

  • Rueda enxalza o labor das comunidades galegas no exterior como as mellores embaixadoras do selo Galicia Calidade na diáspora

Listen to this page using ReadSpeaker
Zúrich (Suíza), 14 de marzo de 2026.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o labor das asociacións galegas no exterior como as mellores embaixadoras desa Galicia Calidade que acolle, difunde e protexe a nosa lingua, tradicións e cultura, e que segue inspirando ás novas xeracións.

Así se referiu durante a súa participación no encontro coa colectividade de Zúrich-Galicia Calidade, organizado coa colaboración da asociación cultural e recreativa As Xeitosiñas, coincidindo co 45 aniversario da entidade. No acto, ao que tamén asistiu o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, Rueda asegurou que Galicia non se entende sen os milleiros de homes e mulleres que marcharon na procura de oportunidades e fixeron país tamén desde fóra.

Neste sentido, o titular do Goberno galego puxo en valor o papel fundamental que desempeñan os 13 centros recoñecidos no Rexistro da Galeguidade na Suíza para proxectar a imaxe de Galicia como sinónimo de excelencia e rigor nunha terra que se converteu nun segundo fogar para miles de familias galegas, conformando actualmente unha comunidade de máis de 41.000 persoas.

Apoio á colectividade

Alfonso Rueda aproveitou o encontro para reafirmar o seu apoio á colectividade na garantía dos seus dereitos, e impulsa medidas para todos aqueles que deciden regresar como a Estratexia Galicia Retorna, que ofrece oportunidades tanto para quen volve cun emprego por conta allea como para quen aposta polo emprendemento.

Ademais, e co ánimo de seguir fomentando os lazos entre xeracións, o Goberno galego conta coas Bolsas BEME para a mocidade  —con prazo aberto actualmente para cursar estudos de máster nunha universidade pública galega—, e porá en marcha proximamente Aventúrate con Galicia, que permitirá que rapaces e rapazas do exterior, de entre 10 e 17 anos, participen nos campamentos de verán da Xunta, asegurando así que o vínculo coa terra se manteña vivo dende a infancia. Este programa súmase a outros destinados tamén a este colectivo como Conecta con Galicia no Camiño e Conecta co Voluntariado en Galicia.

Así mesmo, as persoas maiores de 65 anos pensionistas en Europa tamén poderán gozar dunha estadía na comunidade no marco do programa Reencontros con Galicia que, tras anos centrado na colectividade residente en América, ábrese agora tamén aos galegos e galegas de Europa.

Na xornada de hoxe, o presidente da Xunta tamén mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Zúrich, Francisco José Rabena, así como con representantes doutras entidades galegas na Suíza como o Centro Gallego de Lucerna, o Centro Gallego de Zug A Nosa Terra, o Centro Español Apóstol Santiago-Liechtenstein.

285 lecturas