A Xunta reforza desde a delegación o seu apoio á cultura galega en Uruguai na estrea de Hugo en Montevideo
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu en Montevideo á posta en escea da obra "Hugo", da compañía galega Os Náufragos Teatro, un espectáculo que volveu encher o auditorio de galeguidade, memoria e emoción. Domínguez salientou o valor cultural desta iniciativa, que achega á colectividade galega do país propostas teatrais actuais e de alta calidade, reforzando así os vínculos coa creación artística feita en Galicia.
Durante o acto, a delegada puxo en valor o respaldo da Xunta á difusión cultural entre a diáspora, subliñando que actividades como esta permiten que a colectividade manteña vivo o vínculo coa súa identidade e co talento creativo galego. Domínguez agradeceu tamén o labor das entidades galegas en Montevideo pola súa implicación constante na promoción da cultura e destacou que o Goberno galego continuará apoiando accións que fortalezan a presenza cultural de Galicia no exterior.
Novas relacionadas





