Emigración publica a listaxe de puntuación provisional das e dos candidatos e suplentes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 19 de xuño de 2025.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe coa puntuación provisional de persoas candidatas e suplentes, así como a listaxe de excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2025. As e os candidatos disporán de prazo ata o 26 de xuño para presentar as alegacións que consideren oportunas.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS será do 20 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO DE 2025 (ata as 23.59 horas, horario peninsular español), ambos incluídos.

Centos de universitarias e universitarios galegos do exterior interesáronse un ano máis por esta axuda, que conta con 250 prazas, para o estudo dun máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

425 lecturas