LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS / EXCLUIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025 (PR930C) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 7 DE ABRIL DE 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
468 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS / EXCLUIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025 (PR930C) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 7 DE ABRIL DE 2025 (DOG NÚM. 78 DO 24 DE ABRIL).

En aplicación do disposto no artigo 12.2 da Resolución do 7 de abril de 2025 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas / excluidas por país, indicando, se é o caso, a documentación que debe achegarse ou emendarse e a causa de exclusión co artigo correspondente da Resolución que se incumpriu.

Para facilitar a lectura, os solicitantes aparecen listados alfabeticamente. As listas pódense descargar facendo clic na caixa correspondente:

PAÍS LISTAXES DATA DE PUBLICACIÓN PRAZO PARA A MODIFICACIÓN DA SOLICITUDE
ARXENTINA Descargar 9 de xuño de 2025 Ata o 23 de xuño de 2025
BRASIL Descargar 9 de xuño de 2025 Ata o 23 de xuño de 2025
CUBA Descargar 9 de xuño de 2025 Ata o 23 de xuño de 2025
URUGUAI Descargar 9 de xuño de 2025 Ata o 23 de xuño de 2025
VENEZUELA Descargar 9 de xuño de 2025 Ata o 23 de xuño de 2025
RESTO DE AMÉRICA Descargar 9 de xuño de 2025 Ata o 23 de xuño de 2025


A documentación presentada para completar a solicitude e as modificacións da mesma deberán presentarse preferentemente na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou na entidade colaboradora do país de residencia onde se presentou a solicitude. Esta última será a encargada de remitila electronicamente á Secretaría Xeral de Emigración. Ou, se non existe tal oficina preto do lugar de residencia, ao rexistro xeral do Consulado Español máis próximo.

Data de publicación: 
09.06.2025
Data fin de prazo: 
23.06.2025