Rodríguez Miranda agradece o labor do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires e reafirma o compromiso da Xunta cos galegos no exterior
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con José González Costa, presidente do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires. Durante o encontro, abordáronse temas relacionados co fortalecemento dos lazos culturais e sociais entre Galicia e os galegos na Arxentina, así como as iniciativas de colaboración para apoiar aos galegos residentes no exterior a través dos programas da Secretaría Xeral.
Ambas partes destacaron a importancia de continuar traballando en conxunto para preservar as tradicións e fomentar a integración da comunidade galega no país suramericano. Rodríguez Miranda expresou o seu agradecemento polo labor do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires, subliñando o compromiso da Xunta de Galicia de seguir impulsando proxectos e programas que melloren a calidade de vida dos galegos na diáspora.
Novas relacionadas




