José González destaca o Colexio Santiago Apóstol como exemplo da continuidade e promoción da cultura galega a través da educación

  • José González destaca o Colexio Santiago Apóstol como exemplo da continuidade e promoción da cultura galega a través da educación

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 29 de xullo de 2024.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, visitou hoxe o Colexio Santiago Apóstol do Centro Galicia de Bos Aires. Esta institución educativa, fundada en 1998, destaca pola súa dedicación á educación de calidade para os descendentes de galegos na capital arxentina. O Colexio Santiago Apóstol é un exemplo claro do compromiso de colaboración entre a Xunta e a comunidade galega para asegurar a continuidade e promoción do patrimonio cultural galego a través da educación.

Durante a visita, o conselleiro puxo de relevo o papel crucial que xoga este centro na formación de centos de alumnos, dos cales a gran maioría son descendentes de galegos. O colexio promove unha educación bicultural arxentina-galega que fortalece os vínculos da diáspora coas súas raíces. Recoñecido polo seu esforzo na preservación da identidade galega, o Colexio Santiago Apóstol foi galardoado coa Medalla de Galicia en 2005, en recoñecemento ao seu labor continuo na difusión da cultura e educación entre as xeracións futuras.

370 lecturas