Emigración inaugura no Brasil o novo Ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual

Por primeira vez, o Ciclo de cine Mestre Mateo inclúe a entidades de carácter social, permitindo que as persoas destas institucións poidan acceder ao cine galego.

  • Imaxe da inauguración do Ciclo Mestre Mateo 2024 de cine galego en Río de Xaneiro
    Imaxe da inauguración do Ciclo Mestre Mateo 2024 de cine galego en Río de Xaneiro
  • Imaxe da inauguración do Ciclo Mestre Mateo 2024 de cine galego en Río de Xaneiro
    Imaxe da inauguración do Ciclo Mestre Mateo 2024 de cine galego en Río de Xaneiro
  • Imaxe da inauguración do Ciclo Mestre Mateo 2024 de cine galego en Río de Xaneiro
    Imaxe da inauguración do Ciclo Mestre Mateo 2024 de cine galego en Río de Xaneiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 7 de xuño de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou o Ciclo de cine Mestre Mateo deste ano coa proxección da película Matria na Associação Recreio dos Anciãos. Esta proxección coincide cunha visita institucional, marcando o inicio dunha nova edición deste ciclo tan esperado.

Esta iniciativa, que xurdiu dun acordo en 2022 entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual, ten como obxectivo achegar o cine galego aos galegos e galegas do exterior a través da colaboración con centros de América, Europa e o resto de España. O Ciclo Mestre Mateo deste ano contará coa participación de dez entidades, incluíndo o Brasil: Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada, de Río de Xaneiro, a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, o Centro Espanhol e Repatriação de Santos, o Hogar Español de Montevideo, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo, o Centro Gallego de Avellaneda, o Centro Gallego de La Plata, o Lar Gallego de Pamplona, a Casa de Galicia en Gipuzkoa e o Centro Español de Ingolstadt.

Antonio Rodríguez Miranda agradeceu especialmente a colaboración da Associação Recreio dos Anciãos por sumarse a este ciclo, destacando a importancia de “achegar a nosa cultura, neste caso, o noso cine, aos galegos residentes en Brasil e tamén aos veciños en xeral deste país”.

A programación do Ciclo Mestre Mateo deste ano inclúe, ademais de Matria, outros títulos destacados como Fatum, Salta e O corpo aberto. Completan o ciclo os documentais A viaxe de Lucy, Chichi e máis eu e Os espazos en branco e A nave das Marías.

547 lecturas