Miranda agradece o decidido e firme compromiso da Asociación Fillos de Galicia de Aragua en prol do benestar das e dos galegos deste estado de Venezuela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua, con sede na cidade de Maracay, para coñecer a situación da colectividade galega no entorno da cidade de Maracay e no resto de estado de Aragua. Durante a reunión, analizouse o labor desenvolvido por este centro nos últimos meses en apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades sociais e económicas, así como no campo da promoción da cultura entre a xuventude galega nesta área central de Venezuela.
Miranda lembrou ás e aos representantes dos galegos e galegas en Maracay que a Xunta de Galicia segue apostando por apoiar ás entidades no seu traballo en Venezuela, e tamén polo retorno a Galicia. Enfatizou a importancia de dar a coñecer entre a colectividade as políticas de retorno que ten en marcha a comunidade autónoma, que ofrecen un acompañamento integral desde o propio país de residencia ás familias que desexan regresar.
Novas relacionadas





