Miranda agradece o decidido e firme compromiso da Asociación Fillos de Galicia de Aragua en prol do benestar das e dos galegos deste estado de Venezuela

  • Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua
    Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua
  • Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua
    Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 26 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua, con sede na cidade de Maracay, para coñecer a situación da colectividade galega no entorno da cidade de Maracay e no resto de estado de Aragua. Durante a reunión, analizouse o labor desenvolvido por este centro nos últimos meses en apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades sociais e económicas, así como no campo da promoción da cultura entre a xuventude galega nesta área central de Venezuela.

Miranda lembrou ás e aos representantes dos galegos e galegas en Maracay que a Xunta de Galicia segue apostando por apoiar ás entidades no seu traballo en Venezuela, e tamén polo retorno a Galicia. Enfatizou a importancia de dar a coñecer entre a colectividade as políticas de retorno que ten en marcha a comunidade autónoma, que ofrecen un acompañamento integral desde o propio país de residencia ás familias que desexan regresar.

544 lecturas