Miranda felicita á Casa de Galicia en Córdoba polo traballo de promoción da cultura galega a través do seu premio de poesía ‘Rosalía de Castro’
O secretario xeral da Emigración destacou a categoría internacional desta iniciativa que recibiu case un millar de obras.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá cos responsables da Casa de Galicia en Córdoba, María Isabel García Cano e José Manuel de Bernardo Ares, co obxectivo de analizar as accións culturais que están a levar a cabo ao longo destes meses para promocionar Galicia nesta localidade andaluza.
Neste senso, Miranda recordou que a Secretaría Xeral renovou o seu compromiso de colaboración con estas accións culturais que permiten a promoción da lingua galega e da súa tradición literaria no sur de España. En especial, o responsable autonómico destacou a proxección internacional que está a gañar, ano a ano, o concurso literario “Rosalía de Castro” de poesía, que se convoca co gallo do Día das Letras Galegas, e que nesta ocasión contou con case un milleiro de obras presentadas, algunhas chegadas de diferentes países de todo o mundo.
Novas relacionadas





