Emigración entrega 30 distincións ás e aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 no Uruguai

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o acto no que se entregaron 12 compostelas aos galegos e galegas residentes en Montevideo que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo.

Tamén se entregaron 13 diplomas acreditativos ás e aos participantes no programa Reencontros co Xacobeo.

Estes dous programas permitiron que galegas e galegos residentes en Uruguai coñeceran o Camiño de Santiago e puideran converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo para animar aos cidadáns e cidadás dos seus países de residencia a realizar a peregrinación a Compostela.

  • Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
    Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
  • Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da SXE
    Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da SXE
  • Imaxe do evento celebrado onte en Montevideo
    Imaxe do evento celebrado onte en Montevideo
  • Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da SXE
    Imaxe da entrega de diplomas ás e aos participantes nos Reencontros co Xacobeo 2022 da SXE
Entrega de compostelas e diplomas ás e aos participantes no Conecta e os Reencontros co Xacobeo da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 10 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu no Centro Gallego de Montevideo, acompañado da delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, o acto de entrega de compostelas e diplomas ás e aos case 30 participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022.

Deste xeito, a Xunta entregou 12 compostelas ás e aos participantes do programa Conecta co Xacobeo que realizaron o pasado outono 100 quilómetros durante unha semana a través dos camiños Portugués e a Vía da Prata. Este programa permitiu que galegas e galegos menores de 65 relacionados con entidades do exterior de diversos países do mundo, entre eles Uruguai, puideran realizar esta peregrinación, converténdose en embaixadoras e embaixadores do Camiño de Santiago, para así animar posteriormente aos cidadáns e cidadás dos seus países de residencia a realizar a peregrinación a Compostela. 

Tamén se entregaron diplomas acreditativos ás e aos 13 participantes no programa Reencontros co Xacobeo do ano pasado, procedentes do Uruguai. Neste caso, trátase de maiores de 65 anos que realizaron pequenos tramos do Camiño coa mesma finalidade que no caso dos Conecta. 

Miranda agradeceu ás e aos participantes o seu interese por coñecer a peregrinación a Compostela e “trasladar a súa beleza e a intensidade desta experiencia entre os galegos residentes no Uruguai e tamén entre a ciudadanía deste país”.

586 lecturas