Emigración entregou as distincións ás e aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 no Brasil
O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa visita a São Paulo e Santos para entregar compostelas aos galegos e galegas residentes nestas localidades brasileiras que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo.
Estes dous programas permitiron que galegas e galegos residentes no Brasil coñeceran o Camiño de Santiago e puideran converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo para animar aos cidadáns e cidadás dos seus países de residencia a realizar a peregrinación a Compostela.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu, na súa viaxe ao Brasil, a entrega de compostelas ás e aos participantes do programa Conecta co Xacobeo 2022 procedentes de Santos e São Paulo.
As e os participantes nesta iniciativa percorreron, o pasado outono, 100 quilómetros durante unha semana a través dos camiños Portugués e a Vía da Prata. Este programa permitiu que galegas e galegos menores de 65 relacionados con entidades do exterior de diversos países do mundo, entre eles, Brasil, puideran realizar esta peregrinación, converténdose en embaixadoras e embaixadores do Camiño de Santiago, para así animar posteriormente aos cidadáns e cidadás dos seus países de residencia a realizar a peregrinación a Compostela.
Miranda agradeceu ás e aos participantes o seu interese por coñecer a peregrinación a Compostela e “trasladar a súa beleza e a intensidade desta experiencia entre los galegos residentes en Brasil e tamén entre a cidadanía deste país”.
Novas relacionadas




