As Festas do Santiago Apóstolo do Centro Galego en Vitoria-Gasteiz arrancan coa actuación da Banda Unión Musical de Allariz
Imaxe da primeria xornada das Festas de Santiago do Centro Galego en Vitoria

Vitoria-Gasteiz, 20 de xullo de 2022.
Tras un parón de dous anos por mor da pandemia, o Centro Galego en Vitoria-Gasteiz comezou as actividades das Festas de Santiago Apóstolo coa actuación da Banda Unión Musical de Allariz, previa á participación do grupo no World Music Contest 2022, un concurso internacional coñecido como a Olimpíada da música.
O Centro Galego en Vitoria-Gasteiz prolongará a celebración o resto da semana con actividades gastronómicas, xogos tradicionais, baile e música galega. O festexo culminará o próximo luns 25, Día de Galicia, cunha procesión e unha misa na propia entidade, ademais dun xantar de irmandade, unha entrega de premios e unha foliada por parte do grupo do centro “Arte Galega” para rematar coa festividade.
Novas relacionadas