Miranda asiste á presentación do novo proxecto do músico Juan Carlos Cambas, “A Viaxe”, no Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, no Museo do Pobo Galego, á presentación do novo proxecto do músico galego retornado de Arxentina, Juan Carlos Cambas. Na presentación tamén estivo presente a cónsul da República de Arxentina en Vigo, Silvana Montenegro, así como o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez.
O novo proxecto de Juan Carlos Cambas está composto por 18 cancións dedicadas aos galegos e galegas que emigraron nalgún momento a Latinoamérica, e ás e aos que decidiron regresar a Galicia. Os temas contan con importantes colaboracións de artistas españoles e arxentinos.
Novas relacionadas




