A Xunta oferta 22 cursos en liña en materia de educación e voluntariado para menores de 35 anos e profesionais do tempo libre
A Consellería de Política Social oferta unha segunda edición dun plan de formación que ten como obxectivo ofrecer opcións de formación en materia de educación non formal e de voluntariado no segundo semestre deste ano.
En total, ofértanse 1.480 prazas para formación en liña.
A Consellería de Política Social oferta unha segunda edición do Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que ten como obxectivo ofrecer opcións de formación en materia de educación non formal e de voluntariado no segundo semestre deste ano.
O Plan está conformado por 27 cursos, dos cales 22 son en liña cun total de 1.480 prazas e que se atopan orientadas en dous ámbitos, os cursos dirixidos a persoas voluntarias e entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, así como os cursos destinados a profesionais do eido do tempo libre e persoas mozas en xeral.
A programación realízase en colaboración con profesionais de ambos os dous sectores, con especial implicación neste caso das Escolas de Tempo Libre.
Os cursos están orientados á formación especializada e específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: perfeccionamento (que complementa ao básico ofertado no primeiro trimestre) e competencias adquiridas en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado corporativo ou mesmo voluntariado dende os centros educativos. En canto ao ámbito da xuventude, as accións formativas céntranse no eido dixital, a comunicación, o márketing, a preparación para o ámbito laboral, o eido educativo, o tempo libre e as técnicas de mellora emocional.
O prazo para inscribirse nos cursos de voluntariado comezou onte, venres 16 de outubro, e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas. As e os interesados teñen que ser maiores de 16 anos.
Os cursos son os seguintes:
- A acción voluntaria en situacións de emerxencia derivadas da COVID-19.
- Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero.
- Lingua de signos nivel básico.
- As competencias do voluntariado: un valor á alza.
- Curso dixital RSE e voluntariado corporativo.
- Educación e voluntariado ambiental.
- Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico.
- O voluntariado dende os centros educativos.
En canto aos cursos destinados a profesionais do eido do tempo libre e persoas mozas en xeral (entre 16 e 35 anos), o prazo de inscrición ábrese o próximo 20 de outubro e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas.
Neste caso, os cursos ofertados son os seguintes:
- Scape Room educativo, propostas analóxicas e dixitais.
- Xestión do estrés.
- O móbil como aliado ante a COVID-19
- Sensibiliza-T contra as violencias
- Como elaborar un currículum
- Claves para triunfar en Tik Tok
- Ocio inclusivo
- Curso de creación e edición de vídeos
- Márketing cultural, creación, posicionamiento e optimización web
- Novas tecnoloxías e Ocio durante o confinamento e a desescalada en persoas con discapacidade intelectual
- Xogos e dinámicas de grupo adaptados á COVID-19
- Os campamentos como espazos de participación: ferramentas e debates
- Educación emocional en tempos da COVID-19
- Iniciación ao acompañamento educativo nos esports e o ocio dixital
As e os interesados que xa foran alumnos con anterioridade poden matricularse a través da ligazón ao panel de alumno/a. No caso de novos alumnos/as, deberán cubrir a ficha dun dos cursos no que se desexe matricular e seguir os pasos da ligazón ao apartado de formación. Finalmente, aquelas e aqueles que queiran seguir un curso que se desenvolve en plataformas externas, deberá cubrir a ficha correspondente.
A oferta completa de cursos e información pode consultarse no seguinte enlace: https://tinyurl.com/yxkd8orc
Novas relacionadas




