Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2019
De conformidade co artigo 11 da Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega, procédese á publicación das :
Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas indicando neste último o motivo de exclusión.
De conformidade co disposto no artigo 13.3 da resolución de convocatoria, as persoas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lle requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas.
Data publicación páxina web: 24.05.2019
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE SUBSANACIÓN: DO 25 DE MAIO AO 3 DE XUÑO DE 2019 (ás 23.59 horas horario peninsular española) ambos os dous incluídos.
Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME 2019 Listados provisionais |
|
|---|---|
| Solicitudes admitidas | Solicitudes excluídas |
| Descargar | Descargar |
- Para emendar a súa solicitude e enviar a documentación requirida entre na aplicación en "subsanación" (picar aquí)



