Resolución concesión: Listados de beneficiarios/as, suplentes e excluídos/as - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior BEME 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
133 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento aberto

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 150 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria de bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega (DOG núm 168, do 5 de setembro): 

  1. Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 30 de agosto: picar aquí para descargar.
  2. Listado de suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas, para o caso de renuncia ou baixa dalgunha persoa adxudicataria e que figuran no Anexo II da Resolución do 30 de agosto: picar aquí para descargar.
  3. Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria, non achegaron a documentación preceptiva ou non acadaron un número de orde que lles permite formar parte da lista de persoas beneficiarias ou suplentes , sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da Resolución do 30 de agosto: picar aquí para descargar.

Contra a Resolución do 30 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
05.09.2019