Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
1351 lecturas
Información e acceso aos formularios para cumprimentar a solicitude.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega (PR911A).
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
25.02.2019
Estado: 
Procedemento pechado

OBXECTO:
Ofertar aos/as galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega enriquézase cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que acheguen estes/as galegos/as con formación universitaria.

CARACTERÍSTICAS

  • 150 bolsas de excelencia
  • Másteres ofertados polas universidades de:
    -Vigo (campus: Vigo, Ourense e Pontevedra)
    -A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
    -Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo)
  • Áreas:
    -Artes e Humanidades
    -Ciencias
    -Ciencias da Saúde
    -Ciencias Sociais e Xurídicas
    -Enxeñaría e Arquitectura
  • Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
  • Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a en un máster mínimo 60 créditos modalidade presencial e que se imparta o Título Oficial de Máster para o cal se realizou a matrícula.
  • Esta axuda é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de máster oficial.
  • Anualidades:

-Máster 60 créditos: 2019/2020
-Máster 90 créditos: 2019/2020 y 2020/2021

PERÍODO DE DESFRUTE,  DOTACIÓN E PRAZOS DE ABONO:

Créditos ECTS

Nº cursos

Período desfrute

Dotación Europa

Abono

Dotación Resto Países

Abono

60 – 72

1

Setembro 2019 a xullo 2020

7.000 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.000€

7.650 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.650€

90

1,5

-Setembro 2019 a xullo 2020

-Setembro 2020 a febreiro 2021

10.500 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.000€

3ºprazo: 3.500€

11.475 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.650€

3ºprazo: 3.825€

 

  • O/a beneficiario/a deberá afrontar todos os gastos que lle xurdan  para poder realizar o máster.

BENEFICIARIOS/AS
Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou enxeñeiro/a técnico.

REQUISITOS

  • Ser menor de 40 anos
  • Estar en posesión da nacionalidade española
  • Residir no estranxeiro
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Ser emigrante nado/a en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, así como os/as descendentes por consanguinidade dunha destas persoas e que nacesen no estranxeiro.
  • No caso das persoas nadas no estranxeiro, estar vinculado/a un concello galego.
  • Finalizar e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro declarado equivalente de forma expresa.
  • Estar matriculado/a no curso 2019/20 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder


Outra documentación para consultar:

Máis info:

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo II da resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
30.04.2019