Listados de candidatos/as admitidos/as definitivos/as, suplentes e solicitudes excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
1329 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de 150 bolsas excelencia mocidade exterior ( BEME 19), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Listado de 150 candidatos/as ordenado polas puntuacións outorgadas Listado de 150 candidatos/as ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado de 147 suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas Listado de 147 suplentes ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado de solicitantes da bolsa excluídos/as Proposta de resolución definitiva
Descargar Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

Esta proposta de resolución definitiva notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles a contar a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS: DO 22 DE XUÑO AO 28 DE XUÑO DE 2019 (ás 23.59 horas horario peninsular Española) ambos incluídos.

Data publicación páxina web: 21.06.2019

SEGUINTES TRÁMITES DESTA CONVOCATORIA DE BOLSAS 2019:
1) Preinscrición ou solicitude de praza nas universidades
As tres universidades xa abriron o prazo de preinscrición ou de solicitude de praza, polo que se debe realizar dentro destes prazos a solicitude de admisión. Máis información na web.

2) Xustificante de estar matriculado/a nun máster
Os/as candidatos/as que figuran na listaxe de candidatos/as admitidos/as definitivos/as e na listaxe de suplentes, teñen de prazo ata o día 9 de agosto de 2019, ás 23:59 horas (hora peninsular española), para  acreditar estar matriculados/as nun máster dos ofertados nesta convocatoria, mediante o envío do xustificante de matrícula a través da plataforma.

As 150 persoas da lista de candidatas admitidas definitiva, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. 

As 147 persoas que figuran na lista de suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster nese mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da lista de candidatas admitidas definitiva non se matriculasen.

MOI IMPORTANTE: No caso de que algunha persoa destas listas de candidatas admitidas ou suplentes decida non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a partir do mes de xullo un escrito de DESISTENCIA a través da plataforma de bolsas para non prexudicar a outros candidatos ou suplentes  que poderían ter opción de ser bolseiros.

3) Publicación na web de nota informativa de publicación de adxudicatarios/as e suplentes
No mes de agosto publicarase na web unha “nota informativa” con estas listaxes para que as persoas beneficiarias preparen a súa viaxe a España:

      a) Listado das persoas beneficiarias das bolsas (formada polas 150 persoas que teñan a puntuación máis alta de todos/as os/as candidatos/as que acreditasen estar matriculados/as nun máster )
        b) Listado das persoas suplentes (formada por un máximo das seguintes 30 persoas segundo a orde de puntuación outorgada que acreditasen estar matriculados/as nun máster para os casos de renuncias ou baixas das beneficiarias da bolsa).

4) Publicación no Diario Oficial de Galicia 
No mes de setembro publicaranse os listados de beneficiarios/as, suplentes e solicitudes denegadas 

Data de publicación: 
21.06.2019
Data fin de prazo: 
28.06.2019