O secretario xeral da Emigración entrevistouse co presidente do Club Español de Niteroi
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2017.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia na sede do departamento que dirixe en Santiago de Compostela a Joaquim Lopes Días Teixeira, presidente do Club Español de Niteroi (Brasil), quen estivo acompañado pola súa dona, María Consuelo Pérez Lemos. Miranda e Lopes analizaron a actualidade da colectividade galega no Brasil -o segundo país, despois da Arxentina, con máis galegas e galegos residentes-, e este presentoulle a Miranda as actividades que está a desenvolver o Club Español desta cidade do estado de Río de Xaneiro.
Novas relacionadas





