Finde.U - Feira Internacional do Emprego Universitario, en Vigo
As Universidades do Porto, Vigo e Tras-Os-Montes e Alto Douro (UTAD) organizan conxuntamente a Finde.U - Feira Internacional do Emprego Universitario que terá lugar en:
- Porto (Centro de Congresos Exponor) - 2 e 3 de novembro de 2016
- Vigo (IFEVI - Instituto Feiral de Vigo) - 8 e 9 de novembro de 2016
Coa organización deste evento conxunto, as tres universidades darán a oportunidade durante catro días a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan talento universitario. Os/as estudantes e titulados/as que visiten a Finde.U poderán desfrutar de:
- Ofertas de emprego para persoas con titulación universitaria
- Ofertas de prácticas, bolsas ou traballos ocasionáis para estudantes universitarios/as
- Procesos de selección a medio e longo prazo
- A realización de entrevistas aos/ás candidatos/as seleccionados/as
- Sesións informativas e talleres
A organización deste evento abrirá a estudantes e persoas tituladas das tres universidades, aproximadamente 170.000 profesionais titulados/as da euro-rexión Galicia / Norte de Portugal, unha porta ao seu futuro e á súa promoción profesional.
A participación estará aberta tamén a estudantes e persoas tituladas de calquera institución universitaria.
Condicións de participación e inscrición para empresas
As empresas e organizacións interesadas poderán optar por inscribirse de xeito independente a aquel evento que máis lle interese dos que se celebran en Vigo e Porto, ou ben elixir un paquete económicamente máis asequible para a participación en ámbalas dúas feiras.
- Pode consultar os prezos de inscrición e as posibilidades de colaboración coa Finde.U aquí
- Pode realizar a inscrición da súa empresa na Finde.U aquí
Sistema Dixital de Transmisión de C.V.
O sistema BEAMIAN Digital You será o utilizado en ambos eventos para a transmisión de CV de posibles candidatos e candidatas nos procesos de selección. Este sistema facilita a transmisión automática dos datos persoais e os currículos das candidaturas pasando simplemente a súa tarxeta de acceso polo lector dixital de cada stand, sen ter que recorrer ao tradicional modelo en papel, aforrando colas e esperas, e simplificando notablemente o proceso de entrega de CVs.
Este sistema permitirá que as/os visitantes ao finalizar o evento reciban a información sobre as empresas que visitaron e aquelas nas que deixaron o seu CV.
Guía da Finde.U
A organización da Finde.U elaborará unha guía impresa na que se recollerán todos os datos salientables das empresas e organizacións participantes (contactos, actividade empresarial, candidaturas, etc...). Este documento, do que se achegará copia dixital a estudantes e alumnos/as das tres universidades, servirá aos/ás candidatos/as de referencia na súa visita aos recintos feirias.
- Guía da Finde.U Virtual 2016
- Guía da Finde.U 2016
- Guía da Finde.UP 2015
Outra información






