Miranda entrevistouse con Isabel Peleteiro, do programa radiofónico 'Alborada Gallega' de Venezuela

Este espazo radiofónico emítese todos os domingos pola emisora Radio Sintonía 1420 AM de Caracas.

  • O secretario xeral da Emigración, durante a reunión mantida co equipo de 'Alborada Gallega'
    O secretario xeral da Emigración, durante a reunión mantida co equipo de 'Alborada Gallega'
  • O secretario xeral da Emigración, durante a reunión mantida co equipo de 'Alborada Gallega'
    O secretario xeral da Emigración, durante a reunión mantida co equipo de 'Alborada Gallega'
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse este mércores no seu despacho de Santiago de Compostela co equipo do programa radial 'Alborada Gallega', espazo radiofónico producido por Isabel Elena Peleteiro Vázquez que se emite todos os domingos ás 8,00 h. da mañá por Radio Sintonía 1420 AM dende Caracas.

Miranda aproveitou para saudar ás e aos numerosos galegos e galegas de Venezuela e, nesta ocasión, de xeito especial á colectividade dos Hijos de Lalín, que se xuntarán este vindeiro domingo para celebrar o Magosto da Virxe das Dores.

1111 lecturas