Miranda intensifica a súa axenda de contactos con institucións colaboradoras coas Comunidades Galegas

O secretario xeral da Emigración recibiu a representantes do C.R.E. de Sâo Paulo, do Desfile de St. Patrick de Nova York, e da ‘Jeuneuse Belgium’ en Bruxelas.

Tamén coñeceu o desenvolvemento do centro unitario da diáspora galega en Castela A Mancha.

  • De esquerda a dereita: Palomo, Miranda e Schoonbroodt
    De esquerda a dereita: Palomo, Miranda e Schoonbroodt
  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración canda Arturo Chao, presidente do Consello de Residentes Españois de Sâo Paulo
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración canda Arturo Chao, presidente do Consello de Residentes Españois de Sâo Paulo
  • De esquerda a dereita: Dunleavy (presidente do New York City St Patrick’s Day Parade), Miranda e Tony Sánchez, empresario galego nos EE.UU.
    De esquerda a dereita: Dunleavy (presidente do New York City St Patrick’s Day Parade), Miranda e Tony Sánchez, empresario galego nos EE.UU.
  • Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración con Francisco Fernández Lista, presidente da Casa Galega de Castela A Mancha
    Imaxe da reunión do secretario xeral da Emigración con Francisco Fernández Lista, presidente da Casa Galega de Castela A Mancha
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, intensifica nestas xornadas a súa axenda de contactos con organismos e institucións de diversos lugares que colaboran de maneira activa coas Comunidades Galegas, co gallo de fornecer estas ligazóns e potencialas na medida en que sexa posible.

Así, recibiu no seu despacho ao presidente do Consello de Residentes Españois de Sâo Paulo, Arturo Chao, con quen falou da situación das colectividades galega e española na metrópole brasileira, e das posibilidades de afondar na relación entre os organismos locais e a Secretaría Xeral da Emigración.

Miranda tamén se entrevistou con John T. Dunleavy, presidente do New York City St Patrick’s Day Parade, entidade que organiza o desfile de San Patricio, principal momento de encontro da diáspora irlandesa na cidade dos rañaceos e, desde hai uns anos, de tódalas colectividades de inmigrantes nos Estados Unidos, entre elas, e de maneira moi significativa, a galega e española en xeral. Dunleavy estivo acompañado na súa entrevista con Miranda polo empresario galego asentado na cidade norteamericana Tony Sánchez.

Galicia en Bruxelas
O secretario xeral da Emigración tamén recibiu a Michel Schoonbroodt, director federal das Jeunesses Musicales (Mocidades Musicais) en Bélxica representante da Jeunesse Belgium (Mocidade Bélxica), entidade promotora da festividade cultural Fenêtre Ouverte (Fiestra Aberta), que tódolos anos organiza na capital europea un importante número de concertos, exposicións e diversas actividades dedicadas a unha rexión da Unión, e coa mocidade como referente fundamental, e na que colabora activa e tradicionalmente o Centro Galego de Bruxelas.

Schoonbroodt trasladou a Miranda o interese do país centroeuropeo para que desde Galicia se estude a posibilidade de que a nosa terra sexa a protagonista de tan importante evento no ano 2015, ou ben en 2016, nunha xuntanza na que estivo acompañado dunha integrante da representante do Centro Galego de Bruxelas, Marisol Palomo.

Co mesmo cometido, o representante da Jeunesse Belgium, e maila da colectividade galega na capital belga, realizaron tamén entrevistas oficiais co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Castela A Mancha
Nas últimas xornadas, Miranda tamén tivo ocasión de intercambiar pareceres co presidente da Casa Galega de Castela A Mancha, Francisco Fernández Lista, con quen coñeceu as novidades relacionadas coa diáspora galega alí, e a quen animou a manter a fortaleza, cohesión e presenza social da entidade galega unitaria en Albacete –cidade sede da Casa- e en toda aquela Comunidade Autónoma.

1009 lecturas