Entrega das ‘compostelas’ en Venezuela á mocidade participante na edición 2014 de ‘Conecta con Galicia’
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega das 'compostelas' nun acto celebrado na Hermandad Gallega de Venezuela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega das 'compostelas' nun acto celebrado na Hermandad Gallega de Venezuela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega das 'compostelas' nun acto celebrado na Hermandad Gallega de Venezuela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo entrega das 'compostelas' nun acto celebrado na Hermandad Gallega de Venezuela
A principios deste mes, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, precedeu á entrega das ‘compostelas’ (documentos acreditativos de ter realizado o Camiño de Santiago) aos rapaces e rapazas orixinarios da República de Venezuela que participaran este ano, canda outras e outros dos demais países iberoamericanos e de Europa con presenza da diáspora galega, no programa ‘Conecta con Galicia’.
Cómpre salientar que unicamente se entregan estas acreditacións fóra de Santiago precisamente á mocidade integrante deste programa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar. De feito, esta é a terceira vez, desde que existe tal distinción, que se realiza este acto fóra da capital galega, e as dúas primeiras foron en Bos Aires, e tamén para a mocidade da diáspora participante no ‘Conecta con Galicia’.
O programa desenvólvese en dúas quendas no mes de xullo, nas que en torno a 170 rapaces e rapazas galegos residentes fóra de Galicia desenvolven a primeira das modalidades do ‘Conecta con Galicia’: distribuídos en dous grupos de idade, de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos, comparten con mozos e mozas residentes en Galicia residencias e albergues xuvenís dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar. Nestas instalacións realizan dúas actividades, de seis días cada unha. Durante a primeira, denominada “Cultura e Camiño”, as e os participantes alóxanse nunha residencias xuvenil, onde participan en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas, e percorren o Camiño de Santiago. O segundo grupo de actividades, tamén de seis días de duración, desenvólvese baixo o paraugas do epígrafe “O mar de Galicia”, pois realizan actividades de náutica de lecer e de coñecemento do medio mariño.
Ademais, en torno a outras e outros vinte, con idade comprendida entre os 20 e 30 anos, benefícianse da segunda modalidade, os campos de traballo: realizan actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da cultura galega, da mellora ambiental da contorna, e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico.
‘Conecta con Galicia’ permite así que en torno a 200 descendentes de cidadás e cidadáns galegos podan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles acheguen as actividades previstas, e sobre todo da convivencia persoal e humana coas e cos seus coetáneos desta parte do océano, pois a estadía realízase sempre conxuntamente con rapaces e rapazas residentes na Galicia territorial.
O programa ten como obxectivo fortalecer esas ligazóns que relacionan a estes mozas e mozos coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.
Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos e mozas seleccionados asisten a sesións informativas que se realizan nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ao coñecemento da realidade galega en xeral e das actividades a desenvolver no programa en particular.
Novas relacionadas



