Nava Castro celebra a Festa da Hispanidade en Mar del Plata agradecendo ás e aos emigrantes o esforzo realizado polo ben de Galicia
A directora de Turismo de Galicia clausurou o acto conmemorativo da Festa da Hispanidade en Mar del Plata, organizado polo Viceconsulado Honorario de España no Centro Galego da cidade.
Esta festividade ademais de celebrarse na península ibérica tamén é un día especial para numerosos países iberoamericanos.
A directora de Turismo de Galicia clausurou o acto conmemorativo da Festa da Hispanidade en Mar del Plata, organizado polo Viceconsulado Honorario de España no Centro Galego da cidade
A directora de Turismo de Galicia clausurou o acto conmemorativo da Festa da Hispanidade en Mar del Plata, organizado polo Viceconsulado Honorario de España no Centro Galego da cidade
A directora de Turismo de Galicia clausurou o acto conmemorativo da Festa da Hispanidade en Mar del Plata, organizado polo Viceconsulado Honorario de España no Centro Galego da cidade.
A clausura do acto contou coa participación, tamén, de Santiago Camba, conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Arxentina e Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires.
Nava Castro explicou, durante a súa intervención, que a conmemoración desta Festa Nacional simboliza a efeméride histórica na que España, a punto de concluír un proceso de construción do Estado a partir da nosa pluralidade cultural e política, e a integración dos reinos de España nunha mesma Monarquía, iniciou un período de proxección lingüística e cultural máis alá dos límites europeos.
Durante a clausura, a directora de Turismo de Galicia, quixo recordar, neste día tan especial, unha realidade que habita en moitos dos fogares galegos, a emigración. "Fostes moitos os que cambiastes de país en busca dun mellor destino, en busca de novas oportunidades e posibilidades, despedíndose da familia e dunha terra tan sorprendente como é Galicia," sinalou Nava Castro.
Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia, agradeceu ás e aos emigrantes arxentinos "o esforzo realizado polo ben das familias en particular e polo de Galicia en xeral". "Grazas a vostedes, Galicia desenvolveuse e convertéstesvos nun piar básico da historia da nosa Comunidade. Porque sodes o pasado, o presente e o futuro de Galicia," concluíu Nava Castro.
Novas relacionadas



