Ribadeo viaxará no tempo coa primeira festa indiana

Animan ás e aos ribadenses a vestirse de época para transformar a vila os días 11 e 12 e divulgar o legado das e dos emigrantes.

O evento celebrarase na vila da Mariña lucense os vindeiros 11 e 12 de xullo
O evento celebrarase na vila da Mariña lucense os vindeiros 11 e 12 de xullo
Listen to this page using ReadSpeaker
Ribadeo, 21 de xuño de 2014.

Ribadeo súmase á moda das festas de época. O seu éxito depende en boa medida de que a xente se involucre vestíndose para o efecto e nada mellor para iso que dar exemplo. Por iso onte na presentación da festa Ribadeo indiano, alén do tempo, o alcalde, a edil de Turismo, o presidente de Acisa e outras e outros membros da patronal non dubidaron en vestirse de indianos e posar no quiosco da música do parque de San Francisco.

A festa concíbese como un instrumento para dinamizar Ribadeo e para divulgar as actividades, as construcións e as doazóns que fixeron a Ribadeo as e os emigrantes en Cuba, Arxentina, Venezuela e Uruguai, entre outros países. O programa inclúe un pregón -a cargo de Don Pancho-, actuacións musicais, un mercado de produtos de ultramar, talleres de baile, animación teatral polas rúas, un foto posto, verbena, xogos, unha exposición nas fachadas das casas indianas, a hostalaría servirá tapas e porcións cunha nota indiana... todo e máis para transformar Ribadeo dous días.

 

Fonte e foto: La Voz de Galicia

1101 lecturas