A Xunta desexa o mellor futuro posible para os cidadáns e as cidadás de Venezuela tras o falecemento do seu presidente
A colonia galega na República Bolivariana está conformada por 44.891 residentes.
A Xunta de Galicia quere transmitir o seu respecto ao pobo venezolano tras o pasamento do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, e desexa que o período extraordinario que se abre naquel país frutifique nun futuro próspero para todas e todos os seus habitantes.
O Goberno galego reitera o seu profundo respecto e afecto por un pobo e unha terra na que se teñen asentado, segundo os últimos datos do Padrón Español de Residentes no Estranxeiro, 44.891 galegos e galegas, o dez por cento do total das persoas galegas que residen no exterior. É, tras a República Arxentina, o segundo país no mundo con maior presenza de emigrantes galegos e galegas.
A Xunta mantén e manterá unha comunicación especialmente fluída coa colonia galega residente e cos e coas representantes da diáspora neste período que agora se abre.
Novas relacionadas




