Festexo de Nadal nas clases de lingua española para inmigrantes
Profesorado e alumnado das clases de español organizadas pola ONG Ecos do Sur en A Coruña pecharon as clases de 2012 cunha pequena festa.
O pasado xoves 20 de decembro as e os profesores voluntarios dos cursos de español da ONG Ecos do Sur compartiron cos seus alumnos e alumnas unha pequena festa para felicitar as festas e o novo ano 2013, dando por finalizadas as clases neste 2012. Acudiron a esta cita tanto o Presidente de Ecos do Sur, Adolfo Suárez-Vence (que tamén é un dos profesores de español) como o Director da entidade, Patxi Hurtado.
Seguindo unha tradición eslava, os alumnos e alumnas regalaron aos seus profesores e profesoras flores en agradecemento pola dedicación, esforzo e cariño que demostraron ao longo de todo o ano. Todo iso desenvolveuse no local da Asociación Renacer que cede desinteresadamente a súa sede a Ecos do Sur para desenvolver estes cursos de lingua española.
Fonte e Fotos: Ecos do Sur
Novas relacionadas






