Unha peña céltica de Caracas invitará a siareiros e siareiras deportivistas da capital venezolana

Listen to this page using ReadSpeaker
11 de abril de 2012.

O clásico do fútbol galego disputarase o domingo 15 en Balaídos.A concordia no derby ofrece historias para que as afeccións dunha e outra cor se paren a recapacitar sobre o verdadeiro sentido da rivalidade. O próximo domingo sentarase nas bancadas de Balaídos a Peña Xuntanza de Caracas. Trátase dun grupo de 40 emigrantes galegos e galegas que regresan á súa terra para presenciar o partido. Pero non haberá rivalidades nas cores, pois non dubidaron en invitar a outro grupo de deportivistas tamén residentes na capital venezolana para que fagan a viaxe con eles e ata os acompañen ao derby.

Xuntos e xuntas confraternizarán no estadio, no marco da sa rivalidade que habitualmente se profesan as e os seguidores do Celta e do Dépor cando se encontran emigrados. Tamén está previsto que acudan ao choque representantes de agrupacións dos dous equipos procedentes de Arxentina e de Suíza, así como de distintos puntos de España.

 

 

 

 

 

 

Fonte: La Voz de Galicia

854 lecturas