Emigración publica os seminarios a celebrar en 2012 en colaboración cos centros galegos na diáspora

Baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, cociña galega, e seminarios de carácter artesanal, son as modalidades previstas na edición deste ano.

Listen to this page using ReadSpeaker

Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de GaliciaO secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asina a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia pola que se convocan varios seminarios para o vixente ano en colaboración coas entidades galegas no exterior, dando así continuidade a unha práctica xa habitual deste departamento.

Nesta anualidade, as modalidades para as que se prevén convocatorias son seminarios de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, cociña galega, e outros de carácter artesanal. Trátase de modalidades cun contrastado éxito e demanda en edicións anteriores desta mesma convocatoria, e que pretenden responder ás peticións expresadas polos propios centros e alumnos destinatarios da iniciativa.

O prazo de presentación das solicitudes por parte das entidades galegas na diáspora é dun mes contado a partir do día seguinte á publicación, é dicir, remataría o vindeiro 21 de marzo. Canto ao orzamento, está prevista unha partida específica nas contas da Secretaría para este ano por un valor total de noventa mil euros, ampliable segundo demanda e dispoñibilidade orzamentaria.

Na convocatoria do DOG, ademais de especificarse estes extremos, apúntanse as contías que deben percibir as e os docentes, tanto polas súas ensinanzas, como por desprazamentos e dietas de quilometraxe. Tamén se axuntan na propia convocatoria os modelos de solicitude para seren asinados e remitidos polos centros peticionarios.
 

874 lecturas