Clausurada a XV edición do Curso de Verán na Sociedad Monterroso de La Habana

Listen to this page using ReadSpeaker
28 de agosto de 2011.

A XV edición do Curso de Verán da Escola de Danza da Sociedad Monterroso y Antas de Ulla chegou á súa fin cunha gala de clausura dedicada ao directivo da sociedade recentemente falecido, Víctor Manuel Cagigal.

O Teatro Mariana Grajales foi o escenario desta festa dirixido polo profesor René Dellunde. O espectáculo desenvolveu un percorrido polos diferentes xéneros do folclore español a través de quince coreografías.

Cento cincuenta nenas e mozas de entre catro e dezaoito anos, divididas en cinco grupos, participaron neste curso intensivo de verán no que recibiron clases de técnica do baile flamenco, folclore aragonés, folclore galego, eficiencia física, ballet, vídeo e castañola.

 

Foto: Galicia Exterior

1152 lecturas