Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
02Agosto2026A delegada da Xunta en Uruguai destaca a fortaleza da galeguidade na celebración do Día de Galicia en Montevideo audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nos actos organizados con motivo do Día de Galicia e da festividade de Santiago Apóstolo, celebrados na Praza Galicia de Montevideo. A xornada reuniu representantes institucionais e da colectividade galega nunha homenaxe á identidade e ás raíces de Galicia, que incluíu a interpretación dos himnos de Uruguai, España e Galicia, unha ofrenda floral diante do monumento a Rosalía de Castro... Máis información
-
01Agosto2026José González asiste no Carballiño á xornada musical organizada no marco da celebración do Día da Emigración audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu esta tarde á xornada musical organizada no marco da celebración do Día da Emigración. Máis información
-
01Agosto2026O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina reforza os vínculos co tecido empresarial galego no país para impulsar novas vías de colaboración audio O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro de traballo con Cándido López Sobrino, presidente da compañía Cinco Hispanos, empresa arxentina de alimentación con raíces galegas e máis de seis décadas de traxectoria no país. Na reunión, na que tamén participaron Elsa López e Guillermo Casanova, responsables de Asuntos Corporativos e Estratexia da compañía, abordáronse distintas oportunidades para... Máis información
-
01Agosto2026A delegada da Xunta en Uruguai salienta o papel da mocidade e das entidades galegas na preservación da identidade de Galicia no exterior audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nas celebracións organizadas pola colectividade galega en Montevideo con motivo do Día de Galicia, onde puxo en valor o compromiso das entidades galegas por manter vivas a lingua, a música, o baile e as tradicións galegas entre as novas xeracións. Domínguez asistiu aos festivais culturais celebrados na véspera do 25 de xullo, nos que participaron agrupacións folclóricas de distintos... Máis información
-
30Xullo2026A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como símbolo do vencello da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe audio O secretario xeral da Emigración acompañou hoxe en Santiago de Compostela ás persoas participantes na 36ª edición do programa autonómico Conecta con Galicia no Camiño durante a súa etapa final ata a praza do Obradoiro. Antonio Rodríguez Miranda destaca que a iniciativa reuniu preto de 100 participantes da Arxentina, O Brasil, Cuba, O Uruguai, Venezuela e México, que elevan a case 3.600 as persoas beneficiarias globais. Salienta que, unha vez... Máis información
-
30Xullo2026A Xunta reforza a colaboración co consulado honorario de México en Galicia a prol do emprego, do emprendemento e da atención á diáspora no país audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co cónsul honorario de México en Galicia, Alfonso Pereira, en Ourense, onde se inaugurou o pasado mes de xuño a sede do órgano. Poñendo en valor a relevancia do consulado á hora de dinamizar as relacións económicas, culturais e de arraigo entre Galicia e México, trataron as posibles sinerxías... Máis información
-
29Xullo2026A Xunta implica á mocidade galega do exterior na conservación do patrimonio natural e cultural a través de Conecta co Voluntariado en Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que "participar neste programa significa contribuír activamente á protección de Galicia e fortalecer o vínculo coa terra a través do compromiso e da solidariedade". Promovido pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Conecta co Voluntariado en Galicia ofrece nesta edición 50 prazas para... Máis información
-
26Xullo2026Rueda defende a Galicia do exterior como un motor clave para a atracción de talento e o crecemento da comunidade audio O presidente da Xunta participou na X Romaría Internacional de Abanca. Salienta a importancia da colaboración entre as institucións e as entidades financeiras estratéxicas para impulsar o crecemento do tecido empresarial e o apoio ás pemes e autónomos. Destaca a transcendencia de manter os lazos coas comunidades no estranxeiro e promover o retorno dos galegos e os seus descendentes para seguir facendo un país máis competitivo e acolledor. O... Máis información
-
25Xullo2026Mensaxe de Antonio Rodríguez Miranda á colectividade galega do exterior no Día de Galicia 2026 audio Mensaxe do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda: https://www.facebook.com/share/r/1BJtLH2x9k/. Unha terra, unha identidade e un sentimento que nos une, esteamos onde esteamos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, súmase á celebración do 25 de xullo. Feliz Día de Galicia! Máis información
-
25Xullo2026Mensaxe de José González á colectividade galega do exterior no Día de Galicia 2026 audio Mensaxe do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González: https://youtube.com/shorts/7skHvPtCEHw. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, comparte a súa mensaxe con motivo do Día de Galicia 2026, destacando a fortaleza da colectividade galega no exterior, o compromiso da Xunta co retorno e os vínculos que unen Galicia coa súa diáspora. No vídeo tamén felicita ás catro mulleres da diáspora distinguidas... Máis información
Páxinas |









