-
O martes 27 e o mércores 28 de novembro a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organizan o evento Contadas & Musicadas. Oralidade, música e literatura...
-
O sábado 24 de novembro ás 20,00 h., na Sala Valle Inclán do Centro Gallego de Montevideo, o Ballet Folclórico Galego Alborada da entidade decana do asociacionismo galego no exterior realiza a súa presentación anual, coa interpretación dos nosos bailes...
-
O domingo 16 de decembro, de 13,00 a 16,00 h., Santa Claus visitará o Club España de Newark, para merendar, xogar, realizar manualidades e fotografarse cos nenos e as nenas que ata alí se acheguen.
O custo da entrada xeral é de 8 $. Máis información no...
-
O sábado 8 de decembro a partir das 20,00 h., no Centro Galego de Barcelona, o actor Carlos Blanco presentará un dos seus monólogos. Ademais, proxectarase a curtametraxe Unhas clases do social a tempo, do director galego Pablo Cacheda.
O custo da entrada...
-
O Centro Galego Nós, de Sabadell, acolleu un ano máis a tradicional festa do Magosto na que se consumiron máis de 200 quilos de castañas chegadas dende Verín. A tradicional festa da cultura galega ten unha grande acollida na comunidade catalá e todos os...
-
O luns 26 de novembro ás 19,30 h., na sede da institución española na cidade paulista, o Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes de São Paulo organizan a mesa redonda A cultura galega e Brasil.
-
A Foliada de Bonn xa é todo un referente na antiga capital alemá e un punto de encontro para as e os amantes da gaita e a muiñeira. E cada vez son máis as e os residentes nos países europeos veciños que acoden a esta cita para compartir a súa afección....
-
A Casa de Galicia en Guipúzcoa organiza o I Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".
As obras que concursen han de ser inéditas
De entre 40 e 90 versos
Os premios serán de 400, 200 e 100 € para o 1º, 2º e 3º clasificado ou clasificada...
-
O sábado 8 de decembro ás 21,30 h., na sede da entidade, a Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires festexa a Fin de Ano 2012 e o día de Santa Olalla cunha cea e as actuacións especiais do Conxunto de Danzas, Gaitas e Cantareiras da SPV e un Gran Final...
-
O sábado 8 de decembro a partir das 9,00 h., no club do Centro Galicia de Buenos Aires, o programa radiofónico "Con Vós" festexará coa súa audiencia e amigos e amigas a XV Xuntanza "Con Vós", a gran festa anual deste senlleiro espazo que se emite os...