"Contadas & Musicadas. Oralidade, música e literatura en Galicia", na Universidade de Deusto

Listen to this page using ReadSpeaker
717 lecturas

O martes 27 e o mércores 28 de novembro a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organizan o evento Contadas & Musicadas. Oralidade, música e literatura en Galicia, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto (Campus de Bilbao).

O evento, que pretende ser unha aproximación á interacción entre literatura, música e cultura oral na Galicia do século XXI,  está aberto a toda a comunidade universitaria e a todas as persoas interesadas nos temas que se abordarán, e constará de dúas sesións:

  • Martes 27 de novembro, 16,00 h. (aula 209-B)
      -A poesía galega na música: violíns, punk e bossa nova. Conferencia a cargo do poeta Arsenio Iglesias.
  • Mércores 28 de novembro, 13,00 h. (aula 258)
      -Contos do que non hai. Sesión de narracións orais a cargo da contacontos e cantante María da Pontragha.

 

"Contadas & Musicadas. Oralidade, música e literatura en Galicia", na Universida
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Cátedra de Estudos Galegos Deustuko Unibertsitatea & Secretaría Xeral de Política Lingüística
Data: 
27.11.2012 a 28.11.2012
Hora: 
16,00
Lugar:
Facultad de Ciencias Sociales y Humanas
Universidad de Deusto
Bilbao - 48007Bizkaia
España