XV Xuntanza anual do programa de radio "Con Vós"

Listen to this page using ReadSpeaker
590 lecturas

O sábado 8 de decembro a partir das 9,00 h., no club do Centro Galicia de Buenos Aires, o programa radiofónico "Con Vós" festexará coa súa audiencia e amigos e amigas a XV Xuntanza "Con Vós", a gran festa anual deste senlleiro espazo que se emite os domingos de 12 a 13,30 h. por Radio Cultura FM 97.9. A entrada é de balde e pódese levar a comida e bebida, tamén comer no restaurante do Centro, facer asado nas grellas do clube ou comprar porcións da empanada galega que venderá a organización. Haberá folclore arxentino co grupo Ideas al Fuego e música galega coas Cantareiras de Santa Comba, o Conxunto de danzas da Sociedade de Mos e a de todos e todas que queiran interpretar as pezas da nosa terra, e pecharase coa tradicional Queimada elaborada polo "Muxo". Non se suspende polo mal tempo.

XV Xuntanza anual do programa de radio "Con Vós"
Evento: 
Festa
Organiza: 
Programa de radio "Con Vós"
Data: 
08.12.2012
Hora: 
9,00
Lugar:
Campo Galicia - Centro Galicia de Buenos Aires
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 Olivos
Buenos Aires, Buenos Aires
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: