-
O venres 26 de abril ás 21,30 h., no Restaurante La Terreta de Massanassa (Valencia), o Centro Gallego de Valencia "Amics de la Gaita" organiza unha cea para celebrar o Beltaine celta, festexando a nova colleita e darlle a benvida ao estío.
Servirase...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia mañá mércores unha viaxe institucional por tres países con cadansúa relevante colonia galega. Así, mañá mércores e o xoves estará en Venezuela, onde residen case 45.000 galegos e galegas...
-
O venres 26 de abril ás 20,00 h., no Salón Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires, os mozos e mozas do Instituto Santiago Apóstol da capital porteña representarán a obra Touporroutou da lúa e do sol, do dramatrugo compostelán Roberto Vidal Bolaño,...
-
Do venres 26 ao domingo 28 de abril, no Parc de Sant Martí de Barcelona, a Asociación "Cova da Serpe" da cidade condal celebra o seu XVIII Aniversario.
-
A Xunta de Galicia está a impulsar a colaboración empresarial e institucional con Uruguai co fin de localizar e desenvolver novas oportunidades de negocio e alianza para empresas galegas e uruguaias. Este foi o obxectivo central do encontro que mantivo en...
-
Do venres 21 ao domingo 23 de xuño, no Plan Campagne Charnaux da localidade de Meyrin, o centro galego A Nosa Galiza de Xenebra celebra a XXVI Festa do San Xoán.
Trens de acceso 14 e 18, fronte a Conforama e Jumbo Brico.
Programa: (picar aquí para...
-
O luns 22 e o martes 23 de abril en horario de 9,00 a 18,00 h., na sede da entidade no barrio da Balvanera, a Asociación de Empresarios Gallegos de Argentina (AEGA) organiza unhas xornadas de encontro co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE),...
-
O venres 26 de abril a partir das 21,00 h., na cantina do Centro Val Miñor de Montevideo, haberá foliada galega con música e baile tradicionais, brinde e queimada. A entrada é libre.
-
O domingo 19 de maio a partir das 11,00 h., no salón de Av. Valparaíso 155, o Centro Cultural Amigos de Galicia de Viña del Mar, celebrará o Día das Letras Galegas 2013 cunha lembranza dos e doas máis importantes escritoras e escritores galegos, rendendo...
-
Destinatarios/as:
Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador así como as institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que acrediten que estean inscritas no...