Día das Letras Galegas 2013, en Viña del Mar
O domingo 19 de maio a partir das 11,00 h., no salón de Av. Valparaíso 155, o Centro Cultural Amigos de Galicia de Viña del Mar, celebrará o Día das Letras Galegas 2013 cunha lembranza dos e doas máis importantes escritoras e escritores galegos, rendendo homenaxe a Roberto Vidal Bolaño -o dramataurgo compostelán a quen está dedicada a edición deste ano- e un grupo de socios e socias realizarán unha declamación musicalizada de varios poemas. Ao final do acto servirase un café.
É preciso confirmar a asistencia no tlf. 9873 5003 ou no enderezo de correo-e ccamigosdegalicia@gmail.com. Máis info en noticiasccamigosdegalicia.blogspot.com.es
Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Cultural Amigos de Galicia
Data:
19.05.2013
Hora:
11,00
Lugar:
Centro Cultural Amigos de Galicia
Avda. de Valparaíso, 155 (entre von Schroeders y Ecuador)
Viña del Mar, Valparaiso (V) Chile
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: