3º Paso: Emisión do voto - Eleccións Europeas 2019
3º Paso: Emisión do voto
A Lei prevé dúas formas de facelo, escolle a que mellor che conveña:
1. Envío do voto por correo
(ata o 25/05/2019)
Se optas polo voto por correo, debes enviar por correo certificado o sobre correspondente á Oficina Consular de España no estranxeiro na que esteas inscrito/a (co contido indicado na folla informativa que recibiches), non máis tarde do día 25 de maio.
2. Deposito do voto en urna
(do 22/05/2019 ata o 26/05/2019)
Se elixes votar en urna, debes depositar persoalmente o sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial correspondente (co contido que se indica na folla informativa que recibiches) na Oficina Consular de España no estranxeiro na que esteas inscrito/a os días 22, 23, 24, 25 e 26 de maio.
Volver a ELECCIÓNS EUROPEAS 2019