1º Paso: Solicitude do voto - Eleccións Europeas 2019

1º Paso: Solicitude do voto

(Do 02/04/2019 ata o 27/04/2019 inclusive)

  1. Por correo postal ou fax. O impreso de solicitude do voto pódese descargar aquí e enviar por correo postal ou fax á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente ao teu municipio de inscrición vixente para estas eleccións. Tamén, desde o 2 de abril, estará dispoñible nos consulados.
    Á solicitude debe acompañarse un destes documentos:
        - Fotocopia do DNI español
        - Fotocopia do pasaporte expedido polas autoridades españolas
        - Certificado de nacionalidade (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que esteas inscrito/a)
        - Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que esteas inscrito/a)
  2. Por internet. Para facer uso da internet é necesario acceder á sede electrónica do INE, Solicitude de voto de los electores del CERA, e identificarse cun certificado electrónico asociado ao DNI do/a elector/a e recoñecido pola Sede ou coa clave enviada no impreso oficial.
  • NOTA: A Oficina do Censo Electoral terá enviado a todos/as os/as electores/as residentes no estranxeiro con dereito de voto nas eleccións Europeas o impreso oficial de solicitude de voto, que inclúe unha clave que posibilita a súa formulación por internet. Esta clave é a mesma que a enviada con ocasión das eleccións a Cortes Xerais do 28 de abril de 2019.
  • IMPORTANTE: se estás inscrito/a no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e te atopas en España durante os comicios, non poderás votar aquí en urna, pero si poderás facelo por correo: deberás solicitar o voto nunha oficina de Correos (ata o 16 de maio). Unha vez recibida a documentación, deberás achegarte de novo a unha oficina de Correos para enviar o teu voto por correo certificado (ata o 22 de maio).
Volver a ELECCIÓNS EUROPEAS 2019