Representacións da infancia e imaxinario social en Vida Gallega (1915-1936) e Céltiga (1924-1932). Entre o conflito e a negociación de significados

Representacións da infancia e imaxinario social en Vida Gallega (1915-1936) e Céltiga (1924-1932). Entre o conflito e a negociación de significados

Artigo de María Eugenia Bolaño Amigo publicado na revista Cuadernos de Estudios Gallegos do CSIC

Resumo:
Neste artigo pretende analizar as diversas representacións da infancia proxectadas a través da revista galega do primeiro terzo do século XX de maior tirada, influenza social e vida máis longa, Vida Gallega (Vigo), e do semanario ilustrado de meirande repercusión entre a emigración galega a América, Céltiga (Bos Aires). A revisión e análise cualitativa de contido da totalidade dos exemplares publicados baixo ambas cabeceiras ‒no caso de Vida Gallega, un conxunto de 423 números difundidos entre 1915 e 1936; e, se nos referimos a Céltiga, unha totalidade de 182 números editados entre 1924 e 1932‒, permite que poidamos achegarnos ao coñecemento das representacións da infancia e do porvir desexado para a sociedade galega enarboradas desde dous medios representativos das realidades galegas de aquén e de alén mar.

ISBN: 
DOI: https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.12
Autor: 
María Eugenia Bolaño Amigo
Ano publicación: 
2018
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Cuadernos de Estudios Gallegos - CSIC, Vol 65, Nº 131 (2018)
398 lecturas