Recordando a Maruja Boga. La voz de la emigración gallega en la radiofonía argentina
Artigo de Teresa Piñeiro Otero e María de la Encina García Cofrades publicado na revista Historia y Comunicación Social da Universidad Complutense de Madrid. O fenómeno da emigración galega a América conlevou a aparición dunha Galicia en ultramar. O peso e dinamismo desta emigración nas sociedades de acollida, especialmente na Arxentina, favoreceu a aparición de numerosas publicacións e programas radiais que trataron os intereses da colectividade e reforzaron o seu vínculo con Galicia. Entre elas destaca Recordando a Galicia (Bos Aires, 1945-1984) unha audición cultural que supuxo unha alegación do galeguismo co que a súa directora, Maruja Boga, estaba comprometida. A pesar de que a súa voz pervive na memoria colectiva da emigración, Boga non recibiu a atención doutras e doutros comunicadores da Galicia de alén mar.


