Publicacións informativas sobre a sida e a tuberculose

Como consecuencia do protocolo de colaboración asinado entre a Consellaría de Sanidade e a Secretaría Xeral de Emigración, publícanse neste portal estas dúas publicacións informativas sobre a sida e a tuberculose. No primeiro caso, a publicación "A infección polo VIH e a sida" ten como obxectivo contribuír a aclarar dúbidas sobre a infección polo VIH, dende unha óptica que respecte a moral e a ética individual, así como as variadas opcións vivenciales das distintas persoas que compoñemos a sociedade, favorecendo actitudes positivas ante este problema. Sobre todo o que se quere é facer fincapé na importancia da prevención para combater esta enfermidade.

A publicación "Coñecer a tuberculose" trata os aspectos básicos desta enfermidade, dende a súa detección ata os factores que deben ter en conta os familiares ou convivientes do enfermo.

Idioma: 
Galego
Editorial: 
Xunta de Galicia
1154 lecturas