Procesos migratorios de ida e volta. Oralidade e transposición escrita nas memorias dun militante antifranquista: David Álvarez Carballido. De Galicia a Arxentina (e viceversa)

Procesos migratorios de ida e volta. Oralidade e transposición escrita nas memorias dun militante antifranquista: David Álvarez Carballido. De Galicia a Arxentina (e viceversa)

Artigo de Mariela Sánchez publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid
Resumo:
Este artigo expón diferentes aspectos e cuestións teóricas vencelladas a un proceso de edición feito sobre a base dunha serie de entrevistas orais realizadas nos anos 90 por Antón Santamarina, a selección publicada en homenaxe a Xesús Alonso Montero e a reunión, por Anahí Almasia, no ano 2016, destas fontes que tiveron como protagonista a David Álvarez Carballido (A Fonsagrada, 1922-2017). O material obxecto de análise comprende a narración en lingua galega dunha historia persoal e familiar que involucra un marco referencial ilustrativo de avatares históricos e políticos fundamentais de Galicia e de Arxentina ao longo de gran parte do século XX, así como tamén aspectos de procesos migratorios e experiencias de represión e cárcere que se poden recoñecer noutras latitudes. Preténdese analizar as operacións de transposición en libro dos soportes ditos e as bases teóricas tidas en conta particularmente no proceso de edición no que participei.

ISBN: 
ISSN: 1138-9664 - DOI: https://doi.org/10.5209/madr.73623
Autor: 
Mariela Sánchez
Ano publicación: 
2021
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Vol. 23 Núm. Especial (2020): "Esa luz redentora da noite”. Estudos ofrecidos a Xesús Alonso Montero. Carmen Mejía Ruiz (dir.), Ana Acuña Trabazo e Ricardo Pichel (eds.)
245 lecturas