Preguntas y respuestas: Acuerdo de Comercio y Cooperación entre la Unión Europea y el Reino Unido - Brexit

Preguntas y respuestas: Acuerdo de Comercio y Cooperación entre la Unión Europea y el Reino Unido - Brexit

Tras meses de arduas negociacións, o 24 de decembro de 2020 a Unión Europea e o Reino Unido alcanzaron un Acordo de Comercio e Cooperación que rexe, desde o 1 de xaneiro de 2021, a relación entre as partes.

O Acordo de Comercio e Cooperación é un texto longo e complexo cuxos contidos poden dividirse en catro grandes bloques: o primeiro sobre Libre Comercio, que elimina as cotas e os aranceis entre o Reino Unido e a UE e que establece un capítulo de "Level  Playing  Field" ou de condicións de competencia xusta, unha das esixencias de maior peso da Unión durante as negociacións. O segundo establece un marco de cooperación económica, social, ambiental e en materia de pesca que prevé disposicións dirixidas a asegurar a conectividade enerxética e en materia de transportes, así como a coordinación en ámbitos relacionados coa seguridade social. O terceiro regula unha asociación en materia de seguridade interior baseada en mecanismos existentes como  Europol ou  Eurojust e inclúe disposicións en materia de entrega de detidos/as, de loita contra o branqueo e contra o financiamento do terrorismo. Por último, un cuarto bloque establece un marco de  gobernanza común con  gobernanza sustentada nun marco institucional que conta cun "Consello de Asociación", copresidido por un/unha membro da Comisión Europea e por un/unha representante do Goberno británico de nivel ministerial, que supervisará a aplicación do Acordo e estará asistido por Comités Especializados e Grupos de Traballo.

A Unión Europea e o Reino Unido constituirán dous mercados separados e dous espazos normativos e xurídicos distintos. Isto creará en ambas as direccións obstáculos ao comercio de bens e servizos, así como á mobilidade e os intercambios transfronteirizos.

A Comisión Europea preparou un documento con preguntas e respostas sobre o novo Acordo de Comercio e Cooperación.

Autor: 
Comisión Europea
Ano publicación: 
2020
Idioma: 
Español
Editorial: 
Comisión Europea
592 lecturas