"Memorias dun neno labrego": a forxa dun 'longseller'

"Memorias dun neno labrego": a forxa dun 'longseller'

Artigo de Iolanda Galanes Santos publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid
Resumo:
A obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, considerada o bestseller da literatura galega, foi obxecto de diversas clasificacións desde a súa primeira edición ata hoxe. O obxectivo xeral da nosa contribución é afondarmos na literatura da emigración e coñecer o seu significado para o sistema literario galego, a través do estudo da peripecia do autor e da obra en contexto, así como da súa recepción. Un segundo obxectivo é poñer o foco nos procesos de produción e edición dunha obra literaria galega exitosa no tempo e cun percorrido internacional. A metodoloxía de estudo é a análise sistemática dos peritextos das edicións da obra, da inxente correspondencia epistolar do autor e da crítica literaria para, a través da súa recepción, debullar o(s) significado(s) que a obra adquiriu nestes cincuenta e cinco anos. Este percurso ofrece datos que nos levan a concluír que Memorias é unha obra de emigración, de longo percorrido (longseller). O noso traballo, alén de compilar información crítica, achega novos datos sobre dous proxectos editoriais singulares (Follas Novas e Rúa Nova) que a incluíron ou proxectaron incluíla no seu catálogo.

ISBN: 
ISSN: 1138-9664 - DOI: http://dx.doi.org/10.5209/MADR.56225
Autor: 
Iolanda Galanes Santos
Ano publicación: 
2017
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Vol. 20 Núm. Esp. (2017): Número especial: Los estudios gallegos en tiempos de cambio y transformación: de Buenos Aires a Galicia
394 lecturas