La temprana inmigración gallega en Buenos Aires: condicionantes y características de su inserción socio-ocupacional

La temprana inmigración gallega en Buenos Aires: condicionantes y características de su inserción socio-ocupacional

Artigo de Nadia Andrea de Cristóforis publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid

Resumo: 
A fins da etapa colonial as emigracións dos galegos cara a Bos Aires incrementáronse. Este fenómeno estivo estimulado polo aumento da taxa emigratoria no noroeste hispánico e polo atractivo exercido pola capital do vicerreinado. Neste traballo concentrarémonos nos procesos de inserción socio-ocupacional dos galegos no Bos Aires tardo-colonial. Para iso, basearémonos principalmente en documentación nominativa (os padróns de habitantes de 1806-1807 e 1810 ou as actas matrimoniais) que será complementada con outra de índole máis cualitativa (testamentos de galegos ou expedientes varios do Archivo General de la Nación da Arxentina). En primeiro lugar, analizaremos as características  da  estrutura  ocupacional  dos galegos.  En  segundo  lugar,  focalizaremos  as  actividades  comerciais  despregadas  polos devanditos inmigrantes, explicando en que consistiron e cales foron as vías de ingreso ao exercicio mercantil. Consideramos que os trazos do comercio rioplatense, que ofrecía accesibles vías de ingreso aos recentemente chegados, e a asistencia brindada por redes étnicas e familiares, permitiron que os galegos puidesen inserirse nos circuítos de intercambios e permanecer neles con variable éxito. Así mesmo, o importante grao de inserción no ámbito mercantil puido incidir sobre os nichos ocupacionais que quedaron configurados no período da inmigración masiva de galegos.

ISBN: 
ISSN: 1138-9664 - DOI: https://doi.org/10.5209/MADR.56220
Autor: 
Nadia Andrea de Cristóforis
Ano publicación: 
2017
Idioma: 
Español
Editorial: 
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Vol. 20 Núm. Esp. (2017): Número especial: Los estudios gallegos en tiempos de cambio y transformación: de Buenos Aires a Galicia
508 lecturas