La emigración gallega a América

La emigración gallega a América

Obra da colección Clásicos da Emigración editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico, neste caso de Pilar Cagiao Vila.

O traballo de Luisa Cuesta titulado La emigración gallega a América, publicado en 1932, aborda os vínculos históricos que Galicia mantivo con América a través dos transvasamentos poboacionais. Baseado na investigación de numerosas fontes primarias e secundarias, respecto da etapa colonial, ademais das mobilidades humanas relacionadas coas viaxes de exploración e co paso a Indias de certos relixiosos e intelectuais galegos, presta particular atención aos plans de poboamento organizados no século XVIII pola Coroa. Nese senso, analiza o artellado en 1725 cara á Banda Oriental do Río da Prata e o das expedicións de familias que entre 1778 e 1884 partiron sucesivamente do porto da Coruña para dirixirse á Patagonia e que, frustrada esa intención, logo foron dar a outros lugares. Moito menores son as referencias á emigración galega contemporánea, aínda que, como espectadora desta, Luisa Cuesta decátase da importancia que ten para o país máis alá dos tópicos comunmente esgrimidos. A obra de Cuesta foi unha referencia inescusable para todas e todos os interesados no estudo da relación Galicia-América.

ISBN: 
978-84-17802-40-0
Autor: 
Luisa Cuesta
Ano publicación: 
2022
Idioma: 
Español
Editorial: 
Consello da Cultura Galega
Comentario: 
Edición facsimilar
276 lecturas