La casa autogestionada. Análisis de la estrategia del emigrado gallego para proveerse de hogar

La casa autogestionada. Análisis de la estrategia del emigrado gallego para proveerse de hogar

Artigo de Plácido Lizancos publicado na Revista Internacional de Estudios Migratorios - RIEM do Centro de Investigación para el Estudio de las Migraciones y las Relaciones Interculturales. Galicia é un dos territorios do Estado Español que ten presentando tradicionalmente unha das súas maiores taxas migratorias. Conseguir levantar unha casa propia, moderna e funcional, que ofrecese unhas condicións de habitabilidade mellores ás da vivenda tradicional foi un dos motivos que provocaron as migracións que no último século se rexistraron en Galicia, polo que o proxecto arquitectónico adoita formar parte do propio proxecto migratorio das familias. Como non podía ser doutra maneira, a casa que levantan as xentes emigradas presenta unhas características que a diferencian das dos outros cidadáns e cidadás. Sendo a ruptura respecto á vivenda tradicional a característica que aparentemente a fai diferente, isto impactou na opinión pública e na profesional. Neste artigo recóllense os resultados dunha investigación que analiza o proceso de creación da casa da persoa emigrada, identificando de entre as partes dese proceso aquelas que ocasionan o referido impacto e propoñendo maneiras de xestionalo.

ISBN: 
ISSN: 2173-1950
Autor: 
Plácido Lizancos
Ano publicación: 
2017
Idioma: 
Español
Editorial: 
Revista Internacional de Estudios Migratorios - RIEM, 2017, Vol. 7 (2)
544 lecturas